🎄Cancioneiro de Natal 6 🎄 A Magia da Música no Natal

 

🎄Cancioneiro de Natal 6 🎄 A Magia da Música no Natal



As noitiñas de Nadal,
noites de grande alegria,
camiñando vai Xosé
e maila Virxe Maria.
Camiñan para Belén
a Belén levan a guia;
e ó chegarem a Belén
xa toda a xente durmía.
-Abrelle as portas, porteiro,
a Xosé e mais María;
-estas portas non se abren
mentres que non abra o día.
Foron para unha cabana
pois pousada non había
e nun pesebre de pallas
nace o filho de María.
In: Verea, Manuel Rico “tantarantán tarantán tarantiña: Recitativos e outras lerias de tradicion oral”, 1994, Ed. Fontel. pag. 62

Comentários