🎄Cancioneiro de Natal 13 🎄 A Magia da Música no Natal
Vilancico
Vinde vinde galeghiños
vamos vamos a Belén
a ve-lo rei que ha nacido
a ve-lo neno Manuel
Refrán:
subide despacio
petade pouquiño
e non despertedes
o nosso neniño
E fixerónll’os calzós
hanll’os de poñer mañán
unhas zocas prós peíños
e unhas mediñas de lá
Ainda tén mas que pensamos
tamén tén unha monteira
unha chambra de frainela
e unha pela de manteigha
Quén é esse que alborota
aí ‘mbaixo no lughare
écho ghaiteiro gharrido
que nos vén a festexare
In: Schubarth, Dorothé e Santamarina, Antón “Cantigas Populares”, 1983, Ed. Galaxia. pags. 176 e 177
Comentários
Enviar um comentário